martes, 17 de mayo de 2011

Lois Pereiro e As Letras Galegas

Este ano O día dás Letras Galegas está adicado ao escritor e poeta galego Lois Pereiro. Naceu en Monforte de Lemos en 1958 e morreu na Coruña en 1996. Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade. No ano da súa morte salíu á luz Poemas para unha Loia que recolle obras publicadas na revista Loia da que foi un dos seus fundadores.
Un parágrafo dun dos seus poemas foi gravado en pedra na sua tumba a modo de epitafio e di:
Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmeda mensaxe de vida e de furia necesaria.

Déixovos esta ligazón para que escoitedes a Lois Pereiro recitando as súas poesías no pub Moka da Coruña uns meses antes da súa morte.
Foto: Vari Caramés

0 comentarios:

Publicar un comentario